Moncho Fernández seguirá á fronte do Obradoiro ata o 2021
Publicado o 20/03/2019 20:25
Moncho Fernández renova co Obradoiro ata o 2021. O adestrador do equipo compostelán tiña contrato ata xuño deste ano, pero esténdeo por unha temporada máis. Moncho aterrou en Sar no verán de 2010, campaña en que conseguiu o ascenso á ACB. Dende entón dirixiu ininterompidamente o equipo, co que disputou o único play off na historia da entidade. Con esta renovación, Moncho e o Obradoiro confirman que "queren seguir medrando xuntos".