CRTVG

Buscar

Moncho Fernández: "O derbi é un orgulllo para o baloncesto galego"

Publicado o 25/10/2018 21:52

Quedan dous días para a cita. Este sábado ás seis e media no Pazo, partido histórico na ACB. É a primeira vez que Breogán e Obradoiro se miden na máxima categoría. O último gran derbi xogado en Lugo foi ante o Ourense, hai xa 18 anos. Máis alá do resultado, as partes gozan do ambiente previo e das sensacións que evoca un partido destas características.

O Breogán e o Obradoiro teñen unha cita coa historia. Unha historia que comezou a escribirse en 1974 e na que Pirulo e Angel Sevilla foron protagonistas destacados daquel primeiro encontro que rematou coa vitoria lucense por tres puntos.

Tanto Pirulo coma Sevilla anuncian un partido igualado. Corenta e catro anos despois daquel primeiro encontro, Breogán e Obradoiro volven encontrarse.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2018