Moncho Fernández: "O Andorra é o equipo que xoga máis rápido de toda a liga"
Publicado o 04/01/2019 17:29
O Obradoiro xogará na tarde de Reis ante un Andorra que non está rendendo ao nivel da temporada pasada. Visita o Sar con só unha vitoria máis que os de Moncho Fernández, quen advirte dos riscos do equipo de Ibon Navarro. Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro: "O equipo que xoga máis rápido de toda a liga. En número de posesións, eu creo que pola capacidade dos exteriores e porque son moi bos no rebote. Son o equipo que provoca máis perdas e que ten máis recuperacións de toda a liga, o que lles permite correr, correr moitísimo"
Os pivots do Obra terán que pelexar na zona con Jerome Jordan, quen asinou co Andorra logo de finalizar o seu contrato co Breogán.