CRTVG

Buscar

Moncho Fernández: "Imos acadar a permanencia, estou convencido"

Publicado o 24/05/2019 17:33

Gastada a penúltima bala pola salvación na pista do Estudiantes, o Obradoiro chega a unha final a vida ou morte, pero confiado. Moncho Fernández. adestrador do Obradoiro C. A. B.: "Isto é un maratón, e como dicía Camilo José Cela, aínda que non fora del a cita, o que resiste gana. Estannos custando os últimos quilómetros, pero imos cruzar a meta, estou convencido diso"

Son oito derrotas consecutivas, pero a vantaxe de que só outra máis e as vitorias de colexiais e Guipúscoa condenarían ao Obradoiro. Algo que podería rebaixar o nivel de ansiedade, Moncho Fernández. adestrador do Obradoiro C. A. B.: "Non o sei, porque levamos dependendo de nós moito tempo, e non fomos quen. Cada derrota suma unha pedra á mochila. O que temos que facer é centrarnos no traballo, no que depende de ti."

A final polo título da permanencia contra o Barcelona afróntase sen Pozas e coa dúbida de David Navarro, mancado onte no nocello.
 

Noticias web

24/05/2019