CRTVG

Buscar

Moncho Fernández: "Hai erros que non son lóxicos"

Publicado o 10/05/2019 18:12

Tamén perdeu o Obradoiro no Sar. 82-96 ante un rival directo, o Gran Canaria. Sexta derrota consecutiva do equipo de Moncho Fernández que non acaba de atar a permanencia.

Erros como a falta de acerto nas triplas. Os santiagueses só anotaron 7 de 28. Isto, unido aos problemas en defensa e a facilidade coa que o Gran Canaria topaba aro, fixeron que o O Obradoiro fora a remolque dende o inicio. Chegou vivo ao descanso, cinco puntos abaixo pero foi un espellismo. Entrou no último cuarto cunha desvantaxe de catorce puntos, imposible de remontar.

A loita pola salvación volve este sábado. Visita o Sar o Tenerife.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019