Moncho Fernández: "Fáltannos solidez e brillantez"
Publicado o 08/04/2021 20:20
O Obradoiro recibe este sábado a visita do Manresa, un equipo da zona media, que vén libre de presións clasificatorias e que tratará, aínda así, de complicarlles a vida aos de Moncho Fernández. No encontro da primeira volta, o Obra gañara no Novo Congost. Eran outros tempos, antes de que o coronavirus atacase non só a saúde dos xogadores, senón tamén a calidade do seu xogo.