Moncho Fernández, enigmático sobre o seu futuro no Obradoiro
Regresa o público ao Sar coa incerteza de se vai ser o último partido que lle vexan dirixir a Moncho Fernández, despois de once anos. Pero o técnico santiagués nin despexa dúbidas nin atende aos sentimentos cando está a pé de pista: "Sentimentos, alertas e atencións, todas van estar centradas no partido"
Coa temporada salvada, o presidente non puido garantir hai uns días a renovación do técnico.
"Non cambiou nada desde a última vez que falamos disto. Cando pasen os partidos, pasará o nomal, o máis evidente pasará, como di o Principio de Guillermo de Ockham"
Moncho manténse enigmático ata que acabe a liga. Quedan dous partidos intrascendentes e o ambiente no equipo é relaxado, a alegria de Pepe Pozas coouse na sala de prensa.
O Sar será unha festa con máis de mil trescentos afeccionados que levaban máis dun ano sen poder entrar.
"Que o gocen. Estamos deseando velos e imos dar o mellor de nós mesmos".
Vai ser o primeiro partido no que volva o público á Liga ACB.