CRTVG

Buscar

Moncho Fernández: "Ben en defensa, pero hai que mellorar en ataque"

Publicado o 11/09/2019 18:13

Baloncesto. Antes da selección o Obradoiro. Terceiro amigable. Memorial Quino Salvo coa presenza de Epi e Fernando Romay, vellos compañeiros de selección júnior do homenaxeado. No partido, o Alba Berlín era o rival e o Alba Berlín gañou. En defensa o equipo de Moncho Fernández estivo a un nivel óptimo. En ataque, especialmente, no último cuarto errou.

2.000 afeccionados presenciaron nas Travesas un duelo separado por dez puntos en que Spires e Callowey foron os destacados do Obradoiro e no Nnoko con vinte e un puntos marcou as diferenzas para o cadro xermano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019