CRTVG

Buscar

Moncho Fernández asegura que o futuro de Enoch está na NBA e que a renovación de Pepe Pozas "é unha cuestión persoal"

Publicado o 30/06/2021 15:44

Moncho Fernández nun campus do Obradoiro. O técnico obradoirista compartiu cos máis cativos un día de aprendizaxe. E falounos da actualidade. Do regreso do Rio Breogán á ACB, da rivalidade, de Pepe Pozas, que ten unha oferta para renovar por dous anos no Sar, e de Enoch, revelación da pasada temporada, a quen Moncho Fernández ve na NBA. 

"O futuro de Enoch está na NBA", asegurou Moncho, que engadiu tamén que "a renovación de Pepe Pozas é unha cuestión persoal".

Gozou tanto esta mañá Moncho Fernández que ata se permitiu facer isto. Primeiro explicoulles aos rapaces como realizar un mate. E despois fíxoo en primeira persoa. Moncho Fernández emulando a Enoch. Predicando co exemplo. Ten estilo aínda que sexa mellorable.

 

Noticias web

30/06/2021