Moncho Fernández: "Temos gana de que o bo ambiente e o bo traballo se traduza en vitorias"
Publicado o 25/03/2021 20:46
Un xogador do Gipuzkoa, o próximo rival do Obradoiro, deu positivo por covid-19. É o aleiro Pere Tomás, que está illado desde que se lle detectou o contaxio nun control rutineiro. O resto do equipo deu negativo nas PCR e mantén as sesións de adestramentos.
O partido xógase o sábado en Donostia. No club santiagués contan con que finalmente se celebre o encontro, do que agardan, por fin, que remate en vitoria.