CRTVG

Buscar

Monchiño, o raposo de Rianxo que é máis de churrasquería ca de galiñeiros

Publicado o 12/09/2017 15:27

O animal achégase cada noite a un mesón de Araño para que o dono lle dea a súa ración de churrasco

A este mesón situado en Araño, Rianxo, chegou unha noite de agosto un cliente nada habitual e que estableceu unha grande empatía con Carlos, o dono do establecemento.

É un raposo que cada noite vai cear ao mesón, entre as dez e as once, e sen reparar con que haxa máis ou menos xente.

Carlos está desexando que chegue a noite para que veña Monchiño. Di que este raposo é máis de churrasquería que de asaltar galiñeiros. O mesoneiro tenlle tanto cariño a este singular cliente, que está desexando que veña cear.

Carlos di que o raposo Monchiño é xa un máis da casa e que se unha noite non vai o bota de menos. Pero preocúpalle máis a próxima tempada de caza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2017