CRTVG

Buscar

Mollejo di que o Deportivo ten que ser máis atrevido

Publicado o 05/11/2019 17:09

Anda Luis César á procura do sempre difícil axuste defensa-ataque. O Deportivo cortou a sangría nos últimos partidos, pero nin crea xogo nin ocasións.

O equilibrio e a mellora pasan, considera o vestiario, por un maior atrevemento.

Personalidade non lle falta a Mollejo. Aos seus dezaoito anos, asegura ser quen de tirar do equipo. A presión non lle pesa. Dous goles levan o seu selo no que vai de temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019