CRTVG

Buscar

Noveno posto en Yokohama dun Gómez Noya mermado

Publicado o 13/05/2017 13:10

Poucos triatlóns máis duros terá a frontado Gómez Noya na súa traxectoria. A chuvia incesante uniuse a unha semana lastrado pola febre. Rematar xa foi unha proeza. O ferrolán aguantou entre os mellores ata a carreira a pé pero aí amosou as súas carencias físicas. Acabou na novena posición e totalmente exhausto. 

A chuvia tamén castigou a Jonathan Brownlee. Na auga demostrou estar en disposición de pelexar pola vitoria pero unha caída no treito da bicicleta sepultou todas as súas opcións acabando a case sete minutos do gañador. 

O que mellor se moveu baixo a chuvia foi Mario Mola. A súa frouxa natación non foi castigada. No treito de bicicleta os que arriscaron foron ao chan e deixou un grupo de trinta unidades para xogarse o triunfo na carreira. Aí ninguén puido con Mola. Mandou dende o comezo e en canto viu a ameaza de Fernando Alarza lanzou un ataque demoledor. Mola primeiro, Alarza segundo. Dominio español á fronte das series mundiais con Gómez Noya relegado á terceira posición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2017