CRTVG

Buscar

Moitos países europeos endurecen as súas restricións ante o avance do coronavirus

Publicado o 14/10/2020 21:26

A segunda vaga da covid-19 está a golpear con forza practicamente toda Europa. A maioría dos países están a establecer novas restriccións ante o aumento xeneralizado dos casos. Portugal eleva o nivel de alerta en todo o país a partir desta medianoite, cando entrará en vigor o estado de calamidade. Entre outras medidas, redúcese a un máximo de cinco as reunións de persoas na rúa, restaurantes e centros comerciais.

No Reino Unido, o primeiros ministro Boris Johnson defende o seu programa de impoñer restricións para frear o avance do coronavirus en Inglaterra e non desbota un confinamento a curto prazo como lle pide a comunidade científica e a oposición laborista. Segundo os útimos datos, o Reino Unido contabilizou 17.200 novos contaxios.

Tamén o Goberno de Angela Merkel endurece as súas medidas ante o significativo aumento do número de casos en Alemaña. As novas restricións pasan por introducir o uso obrigatorio da máscara e o peche nocturno de bares e restaurantes. A partir de agora o nivel a partir do cal se imporán estas restricións serán os 35 contaxios por cen mil habitantes en sete días.

A República Checa rexistrou nas últimas 24 horas 8.325 novaos casos, a segnda cifra máis alta desde que comezou a pandemia. coincide ademais nun día en que entra en vigor o peche dos colexios e dos locais de hostalaría en todo o país durante dúas semanas. Tamén está limitado a seis o número de persoas que poden reunirse en interiores.

Por último, o presidente de Francia, Emmanuel Macron, acaba de anunciar o establecemento desde o sábado do toque de queda entre as nove da noite e as seis da mañá durante seis semanas en París e outras sete grandes cidades do país ante o preocupante aumento, dixo, do número de casos.

Noticias web

14/10/2020