CRTVG

Buscar

Moitos narcosubmarinos interceptados viaxaban cara México e os Estados Unidos desde Colombia

Publicado o 24/11/2019 22:04

Os narcotraficantes levan anos utilizando submarinos para transportar a droga, e cada vez son máis sofisticados. A maioría dos semisumerxibles interceptados ata o de agora polas autoridades intentaban chegar a México e os Estados Unidos desde Colombia. Unha das últimas operacións que puidemos ver foi este verán. A Garda Costeira estadounidense facía público un vídeo no que se pode ver cómo perseguen e apreixan un submarino que trasportaba unhas 7,7 toneladas de cocaína.

Na última década os narcotraficantes levan utilizado submarinos cada vez máis sofisticados para transportar a droga. A maioría das embarcacións interceptadas ata o de agora en diferentes operacións son semisumerxibles que viaxaban cara México e os Estados Unidos desde Colombia...

Navegan por debaixo do nivel do mar expoñendo ao exterior unicamente tubaxes de ventilación e unha pequena parte da cabina de navegación... Pero as gardas costeiras teñen capturado tamén narcosubmarinos completamente sumerxibles... Ningún deles é fácil de interceptar...e están preparados para poder afundilos e destruír rapidamente a evidencia...

Neste vídeo do 18 de xuño deste mesmo ano e publicado polas autoridades o 11 de xullo mostra como a Garda Costeira dos Estados Unidos persegue un submarino que surca as augas internacionais do Pacífico, a centos de millas das costas de Colombia e Ecuador ... os oficiais danlle o alto...
...finalmente abordan o semisumerxible... ata que se abre a escotilla...
Houbo cinco tripulantes detidos, que foron postos a disposición da DEA, a Administración para o Control de Drogas.
Transportaban case 7,7 toneladas de cocaína.
As autoridades aseguraron que era a maior incautación da Garda Costeira estadounidense desde o ano 2015.
 

Noticias web

24/11/2019