CRTVG

Buscar

Bos días

Moitos galegos residentes na Arxentina preparan as súas vacacións estivais

Publicado o 12/01/2017 09:43

Na Arxentina acaba de comezar o período estival e son moitos os galegos residentes na outra beira do Atlántico que ultiman os detalles para saír de vacacións.

As praias arxentinas e brasileiras son os destinos máis socorridos, e Galicia un clásico que deixan para metade de ano.

No verán austral, milleiros de gallegos residentes na Arxentina aproveitan para facer turismo interno e coñecer a rexión. A costa atlántica, coas vilas de Mar del Plata ou Pinamar á fronte, son os destinos máis populares.

A Belén e Ana, dúas galegas residentes en Bos Aires, o que máis as sorprende son as diferenzas que existen co verán galego.

Belén González, galega residente en Bos Aires

"Tes que estar máis días porque senón, non che sae rendible o que gastas no transporte e si que nos custou un pouco adaptarnos ao tema de que mil quilómetros aquí son coma cen de aló".

Esta tempada os arxentinos están a optar por estadías máis curtas que reservan á última hora.
Aínda que a economía non sempre é unha limitación.

Ana Núñez Torrón-Stock, galega residente en Bos Aires

"Viaxan con nada e a ver que atopan e se non teñen onde pasar a noite pois alguén atoparán, tamén porque son máis cálidos e receptivos, nese sentido é moito máis fácil ca en España".

Xa no eido internacional, os galego-arxentinos escollen nestas datas as praias do Brasil e do Uruguai, e deixan Europa para mediados de ano, cando as temperaturas no vello continente melloren. Aí Galicia é un destino estrela.

Unha viaxe ás raíces que converte A Arxentina nun dos países que máis turistas achega á nosa comunidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

12/01/2017