CRTVG

Buscar

Moitos galegos perden conexións internacionais aéreas polo peche de Barajas

Publicado o 09/01/2021 14:17

A atonía é unha constante nos aeroportos galegos que por estas datas da fin das vacacións do Nadal adoitaban estar cheos de xente que vai ou volve ás súas casas. Neste da Lavacolla é onde hai máis movemento, xa que conta con moitos máis destinos que Madrid.

Tanto en Vigo coma na Coruña o movemento era moitísimo menor. No da Coruña a primeira hora as pantallas non recollían as cancelacións e en Vigo aínda figuraba o voo das nove da noite. As grandes colas concentrábanse na Coruña e en Vigo para informarse nos mostradores de Air Europa e Iberia de cómo van ser recolocados os pasaxeiros, moitos deles facían escala en Madrid para voar logo a outros países como Francia, Colombia ou os Estados Unidos.
Algúns dos pasaxeiros xa saíron o venres de Vigo e chegaron a sobrevoar Madrid ou Salamanca para volver ao aeródromo vigués. É o caso de Esther e Manuel que van quedar sen poder asistir este sábado ao bautizo da súa neta en México.

Outros xa están faltando este sábado ao traballo ou faltarán o domingo. Temen perder as súas conexións aéreas con outros países. Máis afortunados son os que puideron saír desde Vigo cara ás Canarias e desde Compostela a bastantes destinos diferentes de Madrid.




 

Noticias web

09/01/2021

Máis sobre actualidade