CRTVG

Buscar

Moitos galegos elixen visitar a praia das Catedrais este Venres Santo

Publicado o 02/04/2021 14:39

Cando o mar aínda bañaba a area apareceron os primeiro visitantes. Todos turistas na propia terra que veñen para redescubrir un dos paraxes naturais únicos da comunidade, a praia de As Catedrais.

Para hoxe hai máis de 2.000 reserevas e o numero podería aumentar. O plan de control de acceso púñase en marcha a fin de semana pasada.

"Hoxe é o día con máis reservas, moitos veñen sen ela e cóllena aquí", di Alba Couto, vencellada á xestión de acceso á praia.

Veñen de Ourense, Narón, Coruña, un turismo intracomunitario debido ás restricións sanitarias, que se amosa encantado de gozar dos destinos que ofrece Galicia.

Unha Semana Santa diferente pero tamén especial na que seguir sumando experencias e sen sair da 'casa'.

Noticias web

02/04/2021