Moitos estudantes volven a Galicia para pasar a Semana Santa coa familia
Publicado o 26/03/2021 15:42
Moita xente comeza este venres as vacacións de Semana Santa e o movemento xa se nota nos aeroportos e nas estacións de tren. Na terminal de Santiago de Compostela hai máis xente do habitual. Sobre todo, son estudantes que poden regresar a Galicia para pasar estas datas coa familia.
A maioría vén de Madrid. Din que na súa volta á casa pensan ser prudentes para evitar que aumenten os contaxios. Algúns mesmo optaron por facer unha proba PCR. Todo para evitar a temida cuarta onda.