Moitos emigrantes non puideron vir pola covid-19 e xa prevén unha vaga de retornados cando abran as fronteiras
O peche das fronteiras por mor do virus impediu que moitos emigrantes de Venezuela puidesen vir este verán de vacacións. E outros como María Isabel xa non puideron volver e agora vai quedar a vivir aquí e, cando se poida, di, virá o resto da familia.
E tamén hai xente venezolana como Mercedes que viña de vacacións a Lisboa e leva 5 meses agardando para volver aos seu país.
A situación política, económica e social, din desde o colectivo de emigrantes retornados de Celanova, agravouse en Venezuela co coronavirus, o que fai que moitas familias queiran vir a Galicia.
Pensan que esta chegada de novos emirantes de Venezuela pode ser unha oportunidade para encher os lugares baleiros da comarca de Celanova con xente que vén traballar e construír unha vida aquí.