CRTVG

Buscar

Moitos colexios teñen xa rematados os protocolos fronte á covid-19

Publicado o 13/08/2020 15:36

Queda menos dun mes para que comece o novo curso escolar. Os centros traballan arreo para poder implementar, dende o primeiro día, o protocolo fronte ao coronavirus elaborado pola Xunta.

No San Tomé de Cambados optan polas aulas burbulla, con medidas extra de protección formando grupos de traballo de catro alumnos dentro de cada clase.

Neste centro este ano habéra tres aulas de terceiro de primaria, unha máis que o curso pasado, para reducir o número de alumnos por clase. Unha situación que se vai repetir en moitos colexios galegos.

En infantil e primaria hai confirmadas en Galicia 156 clases máis ca o ano pasado o que, segundo explicou a Conselleira de Educación, Carmen Pomar, supón uns 240 mestres máis. 

Ademais, o programa de reforzo educativo da Xunta amplíase este ano. Vai comezar en setembro con case 550 mestres de apoio.

 

Noticias web

13/08/2020