CRTVG

Buscar

Moito ollo cos calotes nos alugueiros de pisos de uso turístico

Publicado o 06/08/2021 15:11

"Este verán ía ir coas amigas ao Algarve e ao final estafáronnos. Utilicei TripAvisor, pero como que a dona da casa enganou a miña amiga para que pagase por outro sitio por un enlace que ela pensaba que era de TripAvisor, pero non era. Quedamos sen todos os cartos e sen a casa", comenta unha rapaza que paseaba hoxe por Silgar.

Sérvense de plataformas de alugueiro lexítimas para introducir os seus anuncios fraudulentos e captar a súas vítimas. Por iso é moi importante asegurarse de que plataforma se usa para non caer nas redes dos ciberdelincuentes.

"Isto sucede cando se recorre a webs ou a sistemas de reservas que realmente non son de portais coñecidos e de portais que se dedican profesionalmente a estas actividades", explica Dulcinea Aguín, presidenta da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia.

O primeiro que hai que desconfiar é de prezos moi baratos pero tamén de anuncios mal redactados. Utilizan tamén fotografías roubadas de páxinas profesionais.

No INCiBE poñen a disposición de todos o 017 un teléfono de balde e confidencial onde resolver todas estas dúbidas.

Noticias web

06/08/2021