CRTVG

Buscar

Moita calor nas provincias de Ourense e Pontevedra con temperaturas superiores aos 34 graos ás beiras do Miño

Publicado o 26/05/2020 15:32

Día solleiro hoxe en toda Galicia, especialmente na metade sur, con temperaturas que chegan aos 34 graos en Ourense e aos 33 en Pontevedra. O vento está a aliviar un pouco a sensación de calor, pero mañá os termómetros subirán aínda máis. De feito hai un aviso amarelo para os concellos da conca do Miño, onde superarán os 34 graos.

En Baiona atopamos moitos almorzos de terraza e baños madrugadores. E é que este concello e o de Vigo espertaron hoxe coas mínimas máis altas de toda Galicia, 18 graos.

Toda a nosa comunidade está baixo a influencia dun anticiclón, especialmente a metade sur. En Ourense, as temperaturas sitúanse hoxe arredor dos 34 graos, pero Pontevedra con 33 e Vigo con 32 séguenlle moi de cerca. A posibilidade de gozar xa dos ríos e das praias permite a moitos levar mellor esta calor.


 

Noticias web

26/05/2020