CRTVG

Buscar

Moita calor na bacía do Miño, en aviso amarelo por altas temperaturas

Publicado o 05/08/2020 21:10

Ata os 44 sobe en Ourense o termómetro ao sol, e á sombra 38,9. Agosto comeza como rematou xullo, con moita calor. E a algúns cústalle soportala.

Abafante na cidade, e os que non poden fuxir cara ao fresco na aldea ou a praia buscan refrescarse nas terrazas, nas piscinas ou na auga do Miño.

E para mañá, aviso laranxa, porque as temperaturan aínda van subir un pouco máis no inteior de Galicia.

Noticias web

05/08/2020