CRTVG

Buscar

Moita calor en Galicia durante toda a semana

Publicado o 13/07/2020 14:42

En pleno verán, sorprenden as altas temperaturas que temos durante estes días na nosa comunidade.

No sur superan os 30 graos, as máximas están en Vigo con 32, Ourense 33 e na bacía do Miño de Pontevedra, alerta amarela con 34 graos.

Desde moi cedo as praias comezaban a recibir usuarios.

O anticiclón tamén está a deixar noites tropicais, con mínimas que son altas e superan os 20 graos

A influencia anticiclónica tamén se nota no norte. Alí as temperaturas son un pouco máis baixas con 26 na Coruña e Ferrol, pero tamén vai calor.

Esta sensación térmica vainos acompañar polo menos toda a semana.

 

Noticias web

13/07/2020