CRTVG

Buscar

Moi posible acordo entre o PSOE e o BNG en Lugo

Publicado o 06/06/2019 20:53

Ambiente amable nesta primeira xuntanza oficial entre o PSOE e o BNG para formar un goberno de coalición co que rexer a cidade nos vindeiros catro anos. Non é a primeira vez que estes partidos gobernan xuntos, pero si con estes protagonistas. Polo PSOE, que rexe Lugo dende hai vinte anos, está Lara Méndez, alcaldesa dende hai catro e que achega oito concelleiros.

O Bloque, encabezado por Rubén Arroxo, achega cinco. A reunión prolongouse case dúas horas e serviu para destacar os puntos que comparten ambas formacións.

Principalmente, tratouse de chegar a un acordo programático, que se irá detallando en videiras xuntanzas.

Moi cedo para falar de que concellerías asumirá cada grupo ou de como se estruturarán.
Por agora, o que máis lles interesa ás dúas formacións transmitir estabilidade.

Pola súa banda, o voceiro do Partido Popular, Ramón Carballo, que obtivo dez concelleiros, ofreceuse a ser alcalde en caso de que PSOE e Bloque non chegasen a un acordo. A vindeira xuntanza entre o PSOE e o BNG será o luns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019