CRTVG

Buscar

Moi grave un mozo en Biscaia tras recibir unha malleira grupal

Publicado o 28/07/2021 13:50

Buscan os agresores dun mozo tras unha malleira brutal en Biscaia. O grupo botouse contra a vítima con paus, patadas, e canto tiñan á man. 

A malleira, que os agresores colgaron nas redes, tivo lugar cando o mozo tratou de defender outros que estaban sendo acosados por un grupo dunhas quince persoas. Foi entón cando este grupo a emprendeu a golpes con el. 

O mozo está ingresado no Hospital de Cruces, con prognóstico reservado. Centos de persoas concentráronse onte á noite nas rúas de Amorebieta en apoio do mozo agredido.

 

Noticias web

28/07/2021