CRTVG

Buscar

Moi grave un condutor tras envocar e quedar encaixado entre unha árbore e o gardarraíl

Publicado o 26/10/2019 13:40

Un home de 30 anos permanece ferido grave logo de que o seu coche saíra da vía na PO-404 á altura da parroquia tudense de Guillarei e batera contra unha árbore para acabar envorcado lateralmente e encaixado  entre o gardarraíl e unha árbore. A estrada estivo cortada durante unha hora entre as sete e as oito da mañá.

O condutor tivo que ser excarcerado polos bombeiros do Porriño, nun labor moi complexo, xa que baixo a vía hai un río e tiveron que suxeitar o vehículo para evitar que caese ao leito. O lugar, segundo os veciños, é un punto negro de circulación pola escasa visibilidade debido ás árbores e pola presenza habitual de néboas da zona.

O home, que viaxaba só nun Citroën Xsara, foi evacuado a un hospital vigués incialmente nunha ambulancia asistencial e logo transferido a unha medicalizada e conducido ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en estado moi grave, polo que non se lle puido practicar a proba de alcoholemia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/10/2019