CRTVG

Buscar

Luka Modric gaña o premio The Best da FIFA ao mellor xogador do ano

Publicado o 25/09/2018 15:36

Onte entregouse ese premio que nunca gañaron nin Xavi nin Raúl nin Iniesta. The Best. O premio neste 2018 é para Luka Modric.

Giani Infantino anunciaba así o nome de Luka Modric. Aos seus 33 anos, o croata gaña o premio The Best 2018, rompendo o duopolio que Messi e Cristiano instauraron durante os últimos 11 anos.Modric  gañou a súa cuarta Champions co R. Madrid e foi nomeado mellor xogador do Mundial. Conquistou este premio co 29% dos votos, por diante de Cristiano Ronaldo -que non asistiu á gala como Leo Messi- e de Mo Salah, terceiro nas votacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2018