CRTVG

Buscar

A marcha de Ryanair de Peinador modifica o mapa de conexións internacionais

Publicado o 09/02/2019 20:30

A compañía Ryanair anuncia que deixa de operar en Vigo e que traslada os seus voos con Barcelona, Londres e Dublín a Santiago e O Porto. A aeroliña acusa ao concello de incumprir o acordo promocional. O rexedor responde que o contrato sairá a concurso público e que xa hai outras compañías interesadas.

Na tempada de inverno, os aeroportos galegos ofrecen dez destinos internacionais. Dende Alvedro, Vueling opera voos directos a Londres todos os días. Pero o resto de conexións realízanse dende Santiago.

Na Lavacolla, Ryanair ofrece voos a Londres, Milan e Frankfurt, cidade esta última coa que tamén opera Lufthansa. Vueling conecta Compostela con París, Roma e Amsterdam. Easyjet con Basilea e Xenebra; e AER Lingus con Dublín.

A marcha de Ryanair do aeroporto de Peinador non cambia o mapa de destinos internacionais na campaña de outono-inverno pero si con vistas á primavera-verán. De feito, Vigo vai quedar cunha única conexión europea: París, entre o 24 de marzo e o 25 de outubro. Os voos suprimidos por Ryanair, a Dublín e Londres, operarán dende Peinador só no mes de abril. A partir do 8 de maio desprazaranse ao Porto e Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2019