CRTVG

Buscar

Moderna pediralle á UE que autorice a súa vacina para os mozos entre doce e dezasete anos

Publicado o 25/05/2021 15:03

O laboratorio estadounidense Moderna pediralle á UE que autorice a súa vacina para os mozos entre doce e dezasete anos porque cre que está xustificada unha rápida vacinación deste grupo de poboación para avanzar todo o que se poida na inmunidade colectiva.

Os responsables de Moderna aseguran que o ideal sería que os mozos entre os doce e os dezasete anos estivesen vacinados antes de finais de agosto porque temen que, se non se vacina de xeito masivo, non se pode desbotar que haxa que enfrontarse a unha cuarta vaga de coronavirus. 

Aínda non enviaron esa solicitude á Axencia Europea do Medicamento, pero farano en poucos días e Moderna confía na súa aprobación mesmo en xuño. A farmacéutica aposta por unha rápida vacinación dos adolescentes cando remate o verán, xa que nesas datas a maioría dos adultos xa terían, polo menos, unha dose.

Noticias web

25/05/2021