CRTVG

Buscar

Moderna afirma que será necesaria unha terceira dose da súa vacina

Publicado o 23/05/2021 20:13

Os vacinados coas dúas doses do preparado de Moderna necesitarán unha terceira de recordo, como probablemente ocorrerá tamén coa vacina de Pfizer.

Así o afirmou o laboratorio estadounidense. Recomenda que se faga desde finais do verán para aqueles que foron vacinados con Moderna a primeiros de ano. A compañía tamén adiantou que pedirá a comezos de xuño a autorización á Axencia Europea do Medicamento para que a súa vacina poida administrarse a adolescentes de 12 a 17 anos.

En España, a Comisión de Saúde Pública aprobara vacinar os rapaces de 12 a 16 anos coa vacina de Pfizer, á espera tamén da autorización da EMA. Estúdase facelo antes do inicio do próximo curso escolar.

Noticias web

23/05/2021