CRTVG

Buscar

Modéranse os prezos dos alugueiros e os estudantes atrasan ao máximo a busca de pisos

Publicado o 19/08/2020 12:54

A situación de certa incerteza no inicio do curso é o que está levando os estudantes a atrasar ao máximo a busca de pisos de alugueiro. As inmobiliarias confirman que a estas alturas, a diferenza doutros anos, aínda quedan moitas vivendas libres para os estudantes. As axencias tamén constantan que os prezos xerais dos alugueiros están deixando de medrar. 

A oferta de pisos de alugueiro en Galicia segue sendo reducida para unha demanda que non deixa de medrar. Constátase, iso si, un certo transvasamento de alugueiros turísticos que pasan a ser de longo prazo, o que redunda na estabilización dos prezos.

As axencias confirman tamén que a estas alturas, mediados de agosto, a diferenza doutros anos, aínda quedan vivendas dispoñibles para estudantes. Estes están a atrasar ao máximo a busca de alugueiros despois da complicada experiencia que moitos viviron en marzo polo confinamento. Daquela tiveron que renegociar cos propietarios a saída dos pisos e houbo bastantes desacordos. Por iso, dende as axencias promoven contratos onde se deixe claro as condicións en caso dun novo confinamento.

Os prezos dos pisos para estudantes son similares ao ano pasado e oscilan entre os 200 e os 250 euros por cuarto en vivenda compartida.

Noticias web

19/08/2020