Moderada ocupación na Semana Santa en Baiona e temor na hostalería
As rúas de Baiona ofrecen unha imaxe habitual dunha concorrida ponte de non ser polas máscaras. O alcalde confía en que malia as restricións algúns establecementos acaden mellores datos de ocupación.
Ademais de poboación galega con segunda residencia na vila e dos usuarios dos bonos turísticos, na vila hai 150 mozos que participarán nos vindeiros días no Campionato Nacional de Optimist.
Os que máis sofren as restricións son os bares e os restaurantes que miran ao ceo con anguria para que o bo tempo se manteña e poidan empregar as terrazas, que polo de agora é o único sitio onde poden servir. Nalgúns negocios xa notaron a baixa da clientela.
En números absolutos en Baiona hai 24 afectados, case todos dunha mesma familia. Isto supón unha incidencia acumulada a sete días maior de 125 e menor de 250 por cen mil habitantes