CRTVG

Buscar

Moncho Fernández: "Volver a competir e gañar ten un impulso no estado anímico"

Publicado o 01/04/2021 14:21

O Monbus Obradoiro visita esta semana Santa a pista do URBAS Fuenlabrada, o sábado ás 18:00 horas. O técnico obradoirista, Moncho Fernández, definiu ao seu próximo rival, o URBAS Fuenlabrada: “É un equipo moi diferente ao que veu aquí a xogar a principio de tempada. En primeiro lugar, polo cambio de adestrador, co que implica o cambio de sistema e estilo de xogo. Ademais, sufriu remodelacións coa chegada de moitos xogadores como Alexander, Cheatham ou Novak. Foi incorporando xogadores e cambiou o libreto. Será un Fuenlabrada diferente ao que nos enfrontamos na primeira volta”.

O adestrador compostelán ha destacado que “sabemos que imos enfrontarnos a xogadores que teñen unhas características determinadas e que nos van a esixir moito. Son un equipo intenso porque os seus xogadores o son. Producen moito desde o esforzo defensivo. Outra boa proba desa intensidade é a súa capacidade de rebote de ataque. É un equipo que rebotea enormemente no aro contrario. Alexander, Eyenga ou Meindl son xogadores que cargan o rebote porque son moi fortes. Nótase que é un equipo intenso e desde aí tentan construír. Son moi bos no 1x1 defensivo porque son moi potentes fisicamente. Desde esa defensa tentarán acelerar o ritmo de xogo, xogar máis a campo aberto e ese sempre foi un pouco o estilo de xogo de Fuenlabrada”.

Tras gañar en Donosti, o técnico obradoirista recoñeceu que:  "Volver a competir e gañar ten un impulso no estado anímico"




 

Noticias web

01/04/2021