CRTVG

Buscar

Mobilizacións en Galicia en contra da sentenza do 'procés'

Publicado o 14/10/2019 21:21

Protestas tamén en Galicia pola sentenza do procés. A Asociación Galicia con Cataluña convocou manifestacións nas sete cidades e máis en Burela e Redondela. Mobilízanse contra a sentenza do procés porque a consideran inxusta.

A plataforma Galicia con Cataluña está integrada por unha vintena de colectivos, entre os que está o BNG. Desde a formación nacionalista fixeron un chamamento a participar nesta mobilización. Á manifestación de Santiago acudiron varios dirixentes do BNG e tamén de Anova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019