O sector do peiteado volve mobilizarse para reclamar a baixada do IVE
Publicado o 09/06/2021 15:13
A voz de Ángeles será unha das 10.000 que van reivindicar diante do Congreso dos Deputados cambios normativos que lles permitan seguir adiante cos seus salóns de peiteado. Esta profesional de Viveiro, unha das coordinadoras da mobilización, di que non aguantan máis. Un dos grandes problemas, que o IVE que se lles aplica subira do 8 ao 21 por cento.
Unha situación que, unida á falta de traballo pola suspensión de eventos durante a pandemia, provocou que moitos non puideran aguantar. Peches que provocaron ademais a proliferación da economía somerxida.
Lembran que son considerados un sector esencial, e por iso esíxenlle ao Goberno central que cumpra os acordos acadados no Parlamento para que se lles reduza xa o IVE ao 10 por cento.