CRTVG

Buscar

Mobilización veciñal contra o baleirado da lagoa de Casalonga

Publicado o 27/10/2019 20:48

Mobilización veciñal en Teo contra o baleirado da lagoa da antiga canteira de Casalonga. A plataforma convocante, Casalonga limpa de residuos, considera que se trata dunha nova manobra para poñer en marcha o proxecto de recheo con refugallos proposto pola empresa propietaria da mina. Denuncian o perigo destes traballos, que non contan cun plan de seguridade, e as súas consecuencias medioambientais na contorna.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/10/2019