Mobilización masiva o próximo luns ante o abandono do Goberno central con Alcoa
Publicado o 16/07/2021 16:16
Os traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao fan un chamamento a mobilizarse de forma masiva o día 19 ante o abandono do Goberno central. O comité de empresa asegura que se senten insultados. Critican que a ministra de Industria nin ningún membro do seu departamento asistisen á mesa multilateral para informar sobre a xuntanza que vai manter Reyes Maroto coa dirección de Alcoa nos Estados Unidos.
O vicepresidente económica da Xunta, Francisco Conde espera que axuntanza do luns entre a ministra de Industria e o presidente de Alcoa sirva para establecer un camiño de diálogo que permita avanzar no proceso de venda da fábrica de San Cibrao.