CRTVG

Buscar

Mobilización de pensionistas polas recomendacións aprobadas no Pacto de Toledo

Publicado o 29/12/2020 17:29

Un grupo de pensionistas manifestouse esta maña diante do Congreso dos Deputados. Protestan pola reforma das pensións que prepara o Goberno. Convocados pola coordinadora de pensionistas de Madrid, opóñense ás recomendacións aprobadas polo Pacto de Toledo.

Consideran que detrás desas recomendacións se esconde unha privatización do sistema público que debilitaría as pensións.

Noticias web

29/12/2020