Mobilización na Coruña para pedir que os terreos do porto sexan devoltos á cidade
Publicado o 30/05/2021 14:31
Centos de coruñeses manifestáronse este mediodía para pedir que os terreos interiores do portos sexan devoltos á cidade cando perdan o uso portuario.
Baixo o o lema "A Coruña non se vende", os que hoxe se manifestaron cren que eses terreos son unha oportunidade de futuro. Acusan o Goberno de trato discriminatorio e alertan de intereses especulativos que poñen en risco o futuro dun lugar chave para o porvir da cidade.
Máis de setenta entidades políticas e sociais apoiaron esta mobilización.