CRTVG

Buscar

Mobilidade restrinxida en Santiago, Ames e Teo

Publicado o 30/10/2020 13:56

As restricións de nivel 3 que xa imperaban en Santiago esténdense aos concellos veciños de Ames e Teo, e, ademais, establécese a limitación da mobilidade fóra dese perímetro.

150 mil persoas viven na área de mobilidade restrinxida que abrangue a capital de Galicia e os dous concellos da súa contorna con peor evolución da curva de contaxios: Ames e Teo.

"Un encordio, pero eu penso que é necesario porque a situación está descontroladísima". "Por que? pois eu vexo fatal que cerren. Que fagan PCR e o que estea infectado que estea apartado, que se cure, e o resto que siga traballando". "Unha persoa que ten unha empresa, un autónomo... é complicado, pero por saúde é o mellor que podemos facer". "Se hai que cerrar, que se cerre". "Pero cerrar todo, non só Milladoiro, Santiago... Menos as cousas de comer, cerrar todo", comentan algúns afectados.

A decisión do comité clínico responde á incidencia acumulada que no caso do concello de Santiago ascende a 457 casos por cada cen mil habitantes en catorce días malia a que se empezan a notar, aclaran, os efectos das restricións aplicadas ata o momento.

"Eu penso que, pouquiño a pouco, teremos que ir mellorando, o que pasa é que está moi difícil, porque a xente quere saír". "Preocúpame a situación, mentres non haxa unha vacina...", reflexionan dous veciños de Santiago.

Ademais do confinamento perimetral, tamén se estenden a Ames e Teo as restricións que xa se viñan aplicando en Santiago: as correspondentes ao nivel 3 de alerta e coas reunións limitadas aos conviventes.

Noticias web

30/10/2020