Moaña asume as novas medidas polo empeoramento dos contaxios
Mañá a imaxe de xente nos bares non se poderá ver en Moaña, onde xa non será posible tomar o café nos locais habituais que só poderán traballar en pedidos para levar ou a domicilio.
Poderán levar o café á alameda, pero lembrando que as novas restricións limitan as reunións aos conviventes. Son medidas que os veciños de Moaña aceptan entre a resignación e a preocupación, conscientes de que é necesario frear o avance da pandemia.
En Moña son conscientes de que o peche da hostalería terá ademais un efecto rebote noutros sectores, e así o comentaban esta mañá os comerciantes e os vendedores da praza de abastos.
Deste xeito Moaña únese mañá a Cangas, Ponteareas e Tui na listaxe de concellos con peche perimetral único na área sanitaria de Vigo. Só poderán saír dos seus límites por causas xustificadas.