CRTVG

Buscar

Misterio resolto: por que a sintonía de Doraemon en galego é única no mundo?

Publicado o 08/11/2019 19:06
Misterio resolto: por que a sintonía de Doraemon en galego é única no mundo?

Estes días fíxose viral a sintonía de Doraemon en galego a raíz de que unha internauta madrileña se decatase de que é diferente a calquera outra no mundo. E esta tarde, a conta da TVG en twitter resolveu o misterio, a través dun #xabafío que comeza así.

O #xabafío completo está dispoñible na conta de Twitter da TVG pero velaquí un resumo. Resulta que a versión galega de Doraemon conta cunha sintonía diferente á do resto do mundo dos capítulos 41 ao 771. Isto é algo totalmente anómalo, posto que as produtoras de debuxos animados permiten adaptacións das sintonías a cada idioma, pero non sintonías completamente diferentes á orixinal, como é o caso.

Como a sintonía do Doraemon tradicional era bastante máis lenta, a TVG pediulle permiso á distribuidora e, como daquela o anime aínda estaba en fase de implantación, a cousa foi para adiante. 

A canción nova encargóuselle a Arturo Sabugueiro, cantante de orquestra Sintonía de Vigo, e que colaborara co estudio de dobraxe CTV. Sabugueiro, xunto coa súa irmá Dolores, compuxo a canción do 'peto máxico' nunhas catro horas.

Dous actores que traballaban no estudio, Nacho Castaño e Juan Carballido, foron os que se encargaron de interpretala. Pero a historia ten máis pormenores, que se poden consultar no #xabafío.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí