CRTVG

Buscar

Bos días

Misterio en Toledo tras a aparición de figuriñas de porcos numeradas polas rúas

Publicado o 08/08/2018 10:00

Misterio en Toledo. A aparición de figuras de pequenos porcos, colocadas de forma anónima na cidade vella, desatou todo tipo de conxecturas. Ninguén sabe que pretende quen as puxo alí e mesmo se fala de satanismo.

Sen saber quen está detrás desta acción, todo son especulacións. Son porcos, feitos en xeso, e miden uns oito centímetros. A cousa é que nos últimos días alguén os está deixando polas rúas da zona vella de Toledo. Apareceron por todos os recunchos.

Pode ser unha intervención artística ou unha estratexia publicitaria, só quen os fixo e os foi colcando sabe de que se trata. A cuestión é que cada un ten un número, polo que tamén se dixo que se podía tratar dun sorteo. Pero eses números detéñense no 666, o do diaño. Así, os máis temerosos apuntaron que podería tratarse de algo que tivese que ver cun rito satánico, e máis sendo un porco o animal representado. Os menos asustadizos o que fixeron foi levalos para as súas casas.

E así, mentres non se resolva o misterio, estes pequenos cochos xa deron que falar a turistas e veciños nun mes de agosto que doutra maneira igual era máis aburrido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

08/08/2018