CRTVG

Buscar

Misa de reparación tras os estragos na capela da USC

Publicado o 19/06/2020 15:30

Este venres vaise celebrar unha misa de reparación pola profanación da capela do campus universitario de Santiago. Os danos ocasionados na capela por un grupo de vándalos foron máis simbólicos ca económicos pero para a comunidade católica supuxeron un forte desagravio. 

Os vándalos forzaron o acceso ao templo e, unha vez no interior, causaron estragos e profanaron as hostias que había no sagrario.

O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, vai celebrar hoxe, ás 20:30, unha misa de reparación na propia capela.

 

Noticias web

19/06/2020