CRTVG

Buscar

Mirotic marca o duelo entre o Barcelona e o Real Madrid

Publicado o 29/12/2019 14:04

Choque de históricos no Palau, choque marcado pola figura de Nicola Mirotic. Xa xogou dúas veces contra o seu ex-equipo, na Supercopa e na Euroliga, as dúas en Madrid, perdeu as dúas. E cansouse de escoitar apupos e insultos. Esta tarde, na casa, recibirá ovacións.

Asina números abraiantes pero baixan cando se mide aos de Laso. Promedia máis de 20 puntos, contra os brancos 16 e medio, suma máis de 25 de valoración, que quedan en 13 ante os madridistas.

Os brancos teñen a mellor defensa da liga, os azulgrás o mellor ataque. En xogo, o liderado da liga pero...

"O partido contra o Madrid é especial pero non é o partido do ano", salientou Pesic. 
"Entre aspas, un partido máis da liga regular, xa está, non hai máis que isto", engadiu Laso.

O Barcelona recupera a Víctor Claver. No Madrid seguen sendo baixa Sergi Llull e Felipe Reyes. Pero os dous equipos chegan nun gran momento: o Barça gañou sete dos oito últimos partidos de liga, o Madrid só perdeu un en todo decembro, tradicional mes frouxo para eles.


Os dous equipos teñen estilos opostos: o Barcelona manda nos roubos, o Madrid domina o rebote; os culés apostan polo tiro de dous, os brancos insisten nas triplas...


Na Supercopa decidiu a maior compenetración branca, coñecíanse mellor, tiñan collidos máis automatismos, agora, tres meses despois, o nivel de entendemento entre os xogadores de Pesic mellorou considerablemente.
 

Noticias web

29/12/2019