CRTVG

Buscar

'Miró. Unha colección': mostra na Coruña con 47 obras dun dos artistas máis influentes do século XX

Publicado o 04/03/2021 21:48

"Miró era un poeta que podía pintar poemas nos seus lenzos", di o neto de Joan Miró.

"É difícil explicar un Miró. É máis fácil sentir que está cargado de significado", din na Fundación Barrié. Na súa sede da Coruña expoñen 47 obras das últimas décadas dun dos artistas máis influentes do século XX.

Esta mostra permítenos seguir os pasos do creador dende que a idea nace na súa cabeza ou no seu corazón ata que se converte na obra final, un traballo que tan ben entende a mirada infantil.

Noticias web

04/03/2021