Minuto de silencio contra o asasinato dunha muller en Cambrils
Publicado o 05/08/2021 09:23

Concentración e minuto de silencio ante o concello de Cambrils contra a violencia machista e para condenar o asasinato o pasado venres de Pamela Salgado, de 25 anos, a mans da súa parella.
O agresor ingresou xa en prisión provisional. Contra el había unha orde de afastamento e a vítima denunciárao en repetidas ocasións por malos tratos.
No que vai de ano houbo 30 asasinatos machistas en España.