CRTVG

Buscar

Miñones di que a Xunta xa coñecía que non lle tocaban as vacinas extra, pero Comesaña négao

Publicado o 10/08/2021 15:00

O delegado do Goberno en Galicia confirmou que, tal e como temía a Xunta, non chegará á nosa comunidade ningunha dose extra dos tres millóns que recibirá España. Ademais, dixo Miñones que Galicia xa sabía que isto ía ser así.

Miñones remarcou que a Galicia "lle toca ser solidaria" na repartición de vacinas contra a covid-19, igual que os outros territorios foron cando se fornecía o medicamento ás persoas maiores. Asegurou que a Consellería de Sanidade xa coñecía a repartición establecida, pois o asunto abordouse nunha reunión do Consello Interterritorial.

A Xunta nega esta comunicación previa á que se refería o delegado. O conselleiro Julio García Comesaña acaba de dicir que non lles comunicaron que Galicia non recibiría ningunha doses extra. Na mesma conferencia de prensa o conselleiro tamén volveu pedir transparencia nesa repartición.

 

 

 

Noticias web

10/08/2021